Gonza M. Fontán (ella)
Mañán, 17 de maio, ademais do día mundial contra a LGTBIfobia, celébrase o Día das Letras Galegas, e agora que esta lesbiana anda polo norte de volta, . Para es non galegues: esparece e apetece que é un bo momento pra dicir algo.

En BUIT compartimos, aparte da pertenza ó colectivo LGTBIQ+, o feito de ter nacido con dúas linguas maternas: unha imposta e obligatoria e unha minorizada. As súas situacións sociolingüísticas son ben diferentes pero comparten a historia da prohibición da súa fala e o intento da dereita (especialmente) de acabar por completo con elas (mirade quen goberna Galicia dende que chegou a tan ansiada "democracia" e entenderedes). Eu sinto normalmente a necesidade de falar de diglosia cada vez que falo da miña lingua porque unha culpa herdada percorre ás miñas veas por ser vítima dun fenómeno estendidísimo que fago menos por romper do que me gustaría. Non obstante, hoxe quero deixar iso atrás e falar doutras cousas: agora escribo en galego o diario e os poemas porque o cerebro se entrena para pensar e ademais, levaba catro anos fóra de Galicia que me deron pra reflexionar e botar de menos moito.
O 17 de maio en Galicia conmemórase a algunhe (algún ejem) auter galegue. A data do Día das Letras Galegas non é casual: refire á publicación da obra (marabillosa) de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. Este ano adícase, en lugar de a algún auter, ás Cantareiras, representadas por sete mulleres. É dicir, a unha colectividade, feminina e popular que fixo e fai moito pola nosa cultura. Pero isto explícao @prado_rua divinamente, en todos os sensos, así que correde ó seu perfil. Eu festexo esta decisión, pero veño falar de intersección (joder, sempre co mesmo).
Retrato de Rosalía de Castro (Modesto Brocos Gómez, 1880)
A intersección da lingua no corpo
Como xa mencionamos, o lugar de onde vimos e o lugar onde nos sitúa este mundo cishetropatriarcal colonial e todo o que segue, ten unha importancia crucial para nós. O colectivo LGTBIQ+ temos unha cultura propia (como teñen as persoas cisheteros), igual que os diferentes países que formamos iso ó que chaman Estado Español temos culturas propias.Pensamos non só que son dous aspectos que se atopen nun cruce de opresións sistémicas e estruturais, snón que se entrelazan, beben unha da outra e non poden en nós e en tantes, entenderse por separado. En que o vemos? Na sensación de vivir á marxe, na constante loita contracorrente fronte a sociedades e institucións. Mais tamén e máis importante, na reivindicación desa marxe, desa loita; na intención de levar á rúa e ás entrañas o que aprendimos que se debe ocultar, abandonar ou limitar ás catro paredes da casa. Escapamos da configuración limitada dunha identidade que vai contra as normas e tamén a adaptación das nosos corpos e seres a esa norma. Construímonos fóra delas, tan fóra que terán que un día desaparecer, porque nós non o faremos. A persecución da xustiza e da alegría vai de comunidade, de atopar un lugar pra ti no mundo e xente coa que compartilo, xente coa que compartir unha cultura e da que aprender sobre culturas novas Un lugar no mundo coas portas ben abertas, no que non teñamos que pedir perdón nin permiso pra entrar. Vamos, con permiso de Mondra, levar por bandeira ser galegues e mariques. Valencianes e mariques. No senso máis amplo de ambas palabras, porque non somos nós quen debuxamos as fronteiras e, polo tanto, non foi nosa a decisión de quedar fóra. Pero estase a gusto aquí, así que non imos marchar, imos quedar desdebuxando as liñas custe o que custe pra escribir palabras novas que falen de mundos mellores na nosa lingua.

Añadir comentario
Comentarios